Actividades Pacto de Estado 2020/Deporte e outras iniciativas

O pasado decembro de 2017, os distintos Grupos Parlamentarios, as Comunidades Autónomas e as Entidades Locais representadas na Federación Española de Municipios e Provincias, ratificaron o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Este Pacto de Estado implica a unión dun gran número de institucións, organizacións e expertos na formulación de medidas para erradicar a violencia contra as mulleres. O Pacto implica influír en todos os ámbitos da sociedade e estrutúrase en 11 eixes de traballo.

Dende o C.I.M. da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, organizamos diferentes actividades e iniciativas que axudan a impulsar a igualdade nos sete concellos que forman parte da comarca: Verín, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oimbra e Vilardevós.

As actividades do ano 2020 están encaminadas a conseguir o empoderamento das mulleres rurais, a activa participación das mulleres no deporte, a coordinación entre entidades para mellorar a prestación de servizos, o deseño de campañas de sensibilización para impulsar valores na xuventude, intervención socio-laboral das mulleres en risco de exclusión e intervención en menores expostos á violencia.

• Infórmate de como podes participar nas seguintes iniciativas:

1- PROGRAMA DE BENESTAR E COIDADO DA SAÚDE PARA FAMILIAS E NENOS/AS NOS CONCELLOS DA COMARCA DE VERÍN

Consulta todas as iniciativas na seguínte táboa: 

 

Interésache participar? Enche o noso Formulario:  https://forms.gle/NVKTGsAVBDmZvsfp6

a. Seleccione o concello no que vive/ou ten interese en acudir á actividade e enche o noso formulario online.
b. No caso de cubrir todas as prazas, a solicitude será sempre por orde de inscripción (ou de ser o caso, por decisión dos servizos sociais e CIM).
c. As prazas víronse moi reducidas debido ás recomendacións sanitarias da Covid-19.
d. No caso de ocupar unha praza, comprométase a asistir ás actividades, ou permita que outra persoa ocupe o seu lugar.
e. Todas as persoas deben cubrir os formularios de solicitude de praza do CIM.
f. Nos concellos rurais, as actividades dinamizaránse en colaboración co concello e asociacións.

Listado de reserva de praza para concellos/asociacións: Folla-Inscripcion Concellos

Listado de tódalas actividades en PDF: 1-Tabla-Actividades-completo