Contactar     |     Acceder     |     Saír

“A FORTALEZA É DAS MULLERES”

SEMANA CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS NA COMARCA DE VERÍN
  • CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN EN CENTROS EDUCATIVOS

O C.I.M (Centro de Información á Muller), Portas Abertas, Femuro e Cruz Vermella levaremos a cabo diferentes talleres e actividades en centros educativos na comarca de Verín, cuxa finalidade é sensibilizar sobre a violencia de xénero. Estaremos nos seguintes centros: C.E.I.P de Medeiros, CEIP Rodolfo Núñez Rodríguez (Vilardevós), C.E.I.P de Oímbra, C.E.I.P Amaro Refojo, Padres Mercedarios, C.E.I.P Princesa de España, I.E.S Xesús Taboada Chivite, I.E.S García Barbón e I.E.S Castro Baronceli.

A mocidade do Obradoiro da Mancomunidade de Verín, dinamiza diferentes actividades comunitarias a prol da igualdade; incluíndo as “Caixas de Correo Violetas” que estarán disponibles nos sete concellos da comarca, sendo un espazo libre e anónimo de expresión contra as violencias machistas.

 

 

  • COLABORACIÓN CO COMERCIO DA COMARCA DE VERÍN

Grazas a colaboración de AEVER (Asociación de Empresarias e Empresarios de Verín), todos os establecementos asociados contarán con un calendario do 2019, que apoia o “Programa contra a violencia de xénero” levado a cabo dende o C.I.M. Hai saída!

  • CAFÉ #EU TAMEN

O 23 de novembro (venres), ás 18:00h levaremos a cabo un taller socio-comunitario baseado no movemento #METOO onde as mulleres teremos un espazo libre de expresión e reunión contra o acoso por razóns de xénero. Levarase a cabo na sede de AEVER (ó lado da praza do concello de Verín).

 

  • PERFORMANCE E LECTURA DO MANIFESTO “VERÍN CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS”

 O 23 de novembro (venres), ás 20:00h na Praza do Concello de Verín, levarase a cabo a Performance contra as violencias machistas e VOCES VOLUNTARIAS DA COMARCA leerán o manifesto. O C.I.M xunto a Femuro, repartirá “paños violetas” e outros artigos co lema – Mulleres unidas, non deixan atrás ás sometidas”.

 

  • GALA COMARCAL CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS

O 25 de novembro (domingo) ás 18:00h – Día Internacional contra a Violencia de Xénero no Auditorio de Verín, dinamizaremos xunto o Departamento de Cultura do Concello de Verín una gala contra a violencia de xénero.

silvardeiras

- Obra de Teatro “Cando Valentina era Mala”. Silvardeiras Teatro.
Ver ficha técnica da obra.

- Presentación do Spot “Ti, que maltratas”. Campaña de sensibilización comarcal contra a violencia de xénero.

Entrada de balde reservando no 988411314 ou o mesmo día na taquilla do Auditorio á partir das 17:00h ate cubrir aforo.

Se precisas máis información sobre as actividades da Semana Contra as Violencias Machistas na Comarca de Verín, podes chamar o C.I.M no 988411314.

Podes seguirnos nas nosas Redes Sociais do CIM onde iremos actualizando información toda a semana. Preme no botón verde!

Xunt@s, contra a violencia!

#VerínContraViolenciasMachistas
logo_sxigualdade_color_8