Contactar     |     Acceder     |     Saír

Que é Coeducar?

A coeducación é un método educativo que parte do principio de igualdade entre homes e mulleres e a non discriminación por razón de sexo.  Por tanto, coeducar consiste en educar ás nenas e ós nenos do mesmo xeito, é decir, en condicións de igualdade, rexeitando os patróns tradicionais que lles atribuían uns caracteres e papeis diferenciados.

Principios básicos

coeducacion
  • Educar ás nenas e ós nenos segundo o principio da igualdade, tendo en conta as diferenzas e a diversidade,  pero sempre nun marco de respecto e convivencia pacífica.
  • Rexeitar as desigualdades de xénero entre homes e mulleres, eliminando os estereotipos sexistas e fomentando outro tipo de comportamentos.
  • Promover novas formas de relacionarse que fomenten a igualdade entre nenas e nenos e favorezcan a igualdade de xénero.

Lexislación a nivel estatal

Nos últimos anos, promulgáronse varias leis para regular a educación, co obxetivo de conseguir a igualdade de oportunidades e dereitos entre homes e mulleres. Algunha delas incide na coeducación, incorporando este tema ás políticas educativas para preveñir a desigualdade de xénero.

Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo (Ley Orgánica de Educación - LOE)
Un dos obxetivos de esta lei era proporcionar unha educación de calidade a todos os individuos de ambos sexos, en todos os niveles do sistema educativo. Así o recolle no seu Artículo 2.b. “A educación no respecto dos dereitos e libertades fundamentales, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade”.
Esta lei está vixente dende o curso 2006/07, pero foi modificada parcialmente por a LOMCE.

Ley Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para la igualdad efectiva de mujeres y hombres

A novidade desta lei radica na previsión de políticas efectivas para levar a cabo o principio de igualadade en todos os ámbitos, de ahí a dimensión transversal da igualdade que supuxo esta lei.
Así, no seu Artículo 1.1 dice: “As mulleres e os homes son iguales en dignidade humana, e iguales en dereitos e deberes. Esta lei ten por obxeto facer efectivo o dereito de igualdade de trato e de oportunidades entre homes e mulleres, en particular mediante a eliminación da discriminación da muller … en calquera dos ámbitos da vida”.
Entre as materias que deben abordar as políticas públicas para facer efectivo o principio de igualdade está a educación, á que esta lei fai referencia expresamente no Artículo 23: “O sistema educativo incluirá entre os seus fins a educación no respecto dos dereitos e liberdades fundamentales e na igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes”.

Lexislación a nivel autonómico

Neste mesmo orde de cousas, a Comunidade Autónoma de Galicia tamén aprobou unha lei para conseguir a igualdade de mulleres e homes, no que tamén se regula o sistema educativo e se fai fincapé no tema da coeducación.

Lei 7/2004, de 16 de julio, para a igualdade de mulleres e homes.
No seu Artículo 9 dice: “A Xunta de Galicia adoptará, dentro das súas competencias, as medidas conducentes a proporcionar, tanto ás mulleres como ós homes, unha educación para a igualdade. A estos efectos, o currículo regulador da práctica docente… adaptarase ás seguintes especificacións: a) A comprensión do valor constitucional da igualdade entre ambos sexos como obxetivo de especial atención, sen que, se admitan contidos, metodoloxía o criterios de evaluación transmisores dunha distribución estereotipada de papeis entre os sexos ou de unha imaxen de dominación de un sexo sobre o outro en cualquera ámbito da vida.