Contactar     |     Acceder     |     Saír

C.I.M. CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER Comarca de Verín
  • Sobre o CIM
    • Que é o CIM?
    • Quen atende o centro?
    • Que ofrece?
    • Servizo de asistencia psicolóxica
    • Servizo de asesoramento xurídico
    • Rexistro da consulta
  • VVX
  • LGTBI
  • Emprego/Emprendemento
  • Voluntariado
  • Voluntariado Violeta-Extruga Street Festival
  • Educación
    • Coeducar
    • STEM
    • Saúde
    • Internacional
  • Contacto
  • CAMPAÑA PrevENTROIDO
  • 8M:Día Internacional da Muller
  • CAMPAÑA 25N/2018
  • Blog do CIM
  • Spot “Ti, que maltratas”
  • Programación Mes da Igualdade 2019

LATEST

POSTS & TUTORIALS
25 Novembro, 2019  |  By admicim

Comunicado Institucional contra la Violencia de Xénero

Dende o C.I.M. da Mancomunidade de Verín, entidade que presta servizos de atención integral ás mulleres e menores vítimas de violencia de xénero na comarca, queremos hoxe 25 de Novembro “Día Internacional contra a Violencia de Xénero”, facer público o noso rexeitamento contra calquera forma de violencia machista que aconteza nesta comarca e no mundo.

Queremos facer fincapé na firma do Pacto de Estado no ano 2017, un acordo unánime para loitar contra o machismo e todas as formas de violencia que se contemplan no Pacto de Istambul, o primeiro instrumento de carácter vinculante no ámbito europeo en materia de violencia contra a muller e violencia doméstica.

Rexeitamos publicamente calquera forma de violencia, tanto física, psicolóxica, sexual, acoso, discriminación, matrimonio forzado e outras moitas formas de violencias que sofren as mulleres aquí e no mundo.

En Galicia os datos de violencia de xénero no ano 2019 son aterradores, houbo máis de 3.300 denuncias por violencia de xénero, case 1.000 ordes de protección activadas e cinco asasinatos por violencia machista. Sumamos a estas mulleres, aquelas que non denunciaron por medo, e que sabemos que están a sufrir a situación. Denunciar por violencia de xénero é un proceso difícil, largo e que implica dor á vítima e a súa contorna, non soamente polo proceso persoal que está a atravesar se non polas barreiras que aínda hoxe en día se atopan polo camiño.

Dende o CIM queremos tamén dedicar unhas palabras de apoio e solidariedade ás mulleres que están a dar o paso. Acompañámolas hoxe e intentaremos facelo durante todo o proceso. Tamén mencionar ao colectivo LGTB+, defendemos a diversidade e a liberdade para querer.

Agradecer a colaboración de entidades sociais que fan posible a loita contra a violencia de xénero, apoiando de numerosas formas, estando sempre dispoñibles. Tamén ós Servizos Sociais Comunitarios e Específicos, profesionais do traballo social, educación social, psicoloxía e o dereito. Por último mencionar o traballo das Forzas de Seguridade, a Unidade Viogen que están a atender as vítimas.

A defensa da igualdade é un dereito, por tanto o tratamento da violencia de xénero debe ser considerado unha prioridade na nosa comunidade.

Hoxe ás 20:30 horas, fronte a Praza do Concello de Verín terá lugar un Manifesto Público de Rexeitamento contra as Violencias Machistas. Trátase dun espazo libre no que diferentes entidades e mulleres tomarán a palabra. O C.I.M. estará presente tamén neste acto de rexeitamento e unión.

Vai por todas elas!

COMUNICADO INSTITUCIONAL 25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO pdf

 

Previous StoryPrograma de formación Novembro 2019 “Mes da igualdade”

Related Articles

  • proxecto-formacion
    Programa de formación Novembro 2019 "Mes da igualdade"
  • negro
    Comunicado de repulsa contra os últimos asasenatos machistas

no replies

Leave your comment Cancel Reply

(will not be shared)

CATEGORIES

  • BLOG (2)
  • EDUCACIÓN (19)
  • IGUALDADE (15)

ARCHIVES

  • Novembro 2019 (1)
  • Outubro 2019 (1)
  • Setembro 2019 (7)
  • Xuño 2019 (7)
  • Abril 2019 (1)
  • Marzo 2019 (3)
  • Outubro 2017 (1)

CALENDAR

Decembro 2019
M T W T F S S
« Nov    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

TAGS

#STEM

ABOUT US

Duis aliquet egestas purus in blandit. Curabitur vulputate, ligula lacinia scelerisque tempor, lacus lacus ornare ante, ac egestas est urna sit amet arcu. Class aptent taciti sociosqu ad litora lorem.
The Core WordPress Theme © ThemeFuse 2016 | All Rights Reserved