Dende o CIM colaboramos coa Fundación CocaCola “Proyecto Gira Mujeres” para ofrecer formación online para mulleres emprendedoras e empresarias que queiran mellorar as súas oportunidades. A formación terá lugar o 3, 4, 5 de xuño de 2020, totalmente gratuíta.
Entre os obxectivos do CIM e do Servizo IOBE do ano 2020-2021 está apostar pola inserción laboral das mulleres da comarca, proporcionando orientación vocacional e acompañamento na procura de emprego. Este proxecto está encamiñado a apoiar as mulleres emprendedoras e empresarias (tamén hai unha liña destinada a mulleres en situación de desemprego) para que melloren as súas habilidades e podan acceder ás oportunidades de Fundación Cocacola. Dadas as circunstancias tivemos que adaptar o proxecto á formación online, e podedes acceder mediante o teléfono ou un ordenador con conexión a internet.
Para rexistrarvos soamente tedes que deixar os datos no seguinte enlace: https://preinscripcion.giramujeres.com/
Se quere saber máis sobre o proxecto, prema no enlace: https://www.cocacolaespana.es/sostenibilidad/compromiso-social/gira-mujeres
- EN QUE CONSISTE O PROXECTO? Consta de 3 fases.
- Atopa a túa ruta. Nesta primeira fase, os participantes asisten a dúas sesións teóricas nas que reciben doses extra de motivación e axudan a identificar ou definir os seus proxectos.
- Comeza a súa viaxe. Posteriormente, poderán asistir a formación en liña para que poidan captar, dun xeito moito máis concreto, as súas ideas de negocio.
- Acompañámosche. Os dez primeiros proxectos son seleccionados para recibir incubación e orientación. E a partir deles, os tres máis innovadores conseguen máis capital de apoio, e apoio para comezar.
O proxecto é coñecido a nivel estatal: Video proxecto piloto
Non deixedes pasar esta oportunidade. Sabemos que de xeito online non podemos sacar o mesmo partido a esta gran iniciativa pero tratamos de “adaptarnos” a nova situación. Grazas pola vosa atención.
INFORMACIÓN PARA ENTIDADES SOCIAIS E MUNICIPAIS
Se es unha entidade social/municipal vinculada á orientación para o emprendemento agradecemos moitísimo que difundades nas redes sociais información sobre o proxecto (@mancoverincim), así como informar ás usuarias dos vosos servizos ou colocar nos vosos taboleiros. Poden descargar o cartaz a continuación:
no replies