Dende o CIM colaboramos coa Fundación CocaCola “Proyecto Gira Mujeres” para ofrecer formación online para mulleres desempregadas da comarca de Verín que queiran mellorar as súas oportunidades. A formación terá lugar o 3, 4, 5 de xuño de 2020, totalmente gratuíta.
Para rexistrarvos soamente tedes que deixar os datos no seguinte enlace: https://preinscripcion.giramujeres.com/
Se quere saber máis sobre o proxecto, prema no enlace: https://www.cocacolaespana.es/sostenibilidad/compromiso-social/gira-mujeres
Non deixedes pasar esta oportunidade. Sabemos que de xeito online non podemos sacar o mesmo partido a esta gran iniciativa pero tratamos de “adaptarnos” a nova situación. Grazas pola vosa atención.
INFORMACIÓN PARA ENTIDADES SOCIAIS E MUNICIPAIS
Se es unha entidade social/municipal vinculada á orientación para o emprendemento agradecemos moitísimo que difundades nas redes sociais información sobre o proxecto (@mancoverincim), así como informar ás usuarias dos vosos servizos ou colocar nos vosos taboleiros.
no replies