
“ O 8 de Marzo debemos unirnos para defender a participación e o activismo das mulleres, promovendo a igualdade de xénero e o empoderamento”.
Que significa o 8 de Marzo, “Día Internacional da Muller”?
En 1.975 a ONU declarou o 8 de Marzo “Día das Nacións Unidas para o Dereitos das Mulleres e a Paz Internacional”. Esta declaración veu sucedida dunha serie de revoltas acontecidas no mundo, na que as mulleres decidiron unirse para poñer fin a situación de inferioridade social na que vivían. En estas protestas pedían a redución das xornadas de traballo, subida de salario e o dereito a votar.
Un libro publicado no ano 1.884 por Federico Engels titulado “A orixe da familia, a propiedade privada e o Estado” comeza a defender a separación da sexualidade e a reprodución, maternidade libre, liberación feminina e planificación familiar.

No ano 1.909 comezou a famosa folga das “camiseiras” coñecida como “Levantamento das 20.000” en Nova York. No 1.910 en Copenhague proclamouse o 8M como o Día da Muller, nunha conferencia á que asistiron 100 mulleres "rebeldes" de 17 países diferentes. Ese mesmo ano, no 1.910 España abría por primeira vez as portas da universidade ás mulleres, logro que debemos a Emilia Pardo Bazán.

Unha traxedia no ano 1.911 na fábrica téxtil “Triangle” en Nova York, no cal 123 mulleres e 23 homes que traballaban en condicións precarias perderon a vida supuxo unha auténtica revolución no mundo, iniciando cambios no ámbito da seguridade laboral e nos dereitos fundamentais das mulleres.
No ano 1.975, a ONU na resolución 32/142 proclama o 8M como o Día da Muller e a Paz Internacional. No ano 2.011 creouse a subdivisión ONU Mulleres e na actualidade, ano 2018, baixo o lema “Agora e o momento: mulleres rurais e urbanas transforman a vida das mulleres” comeza o debate mundial sobre o acoso sexual, violencia e discriminación laboral ás mulleres, con unha crecente determinación ó cambio.
Que conmemoramos este día?
O 8M é un día no que debemos reflexionar sobre os avances logrados, pedir máis cambios e definitivamente celebrar a valentía e a determinación de mulleres de a pé que xogaron un papel clave na historia dos seus países e comunidades.
Moitas persoas se cuestionan a necesidade de proclamar un “Día Internacional”. A finalidade última deste día e sensibilizar as nosas comunidades sobre un problema existente, non soamente a nivel local se non global, no mundo. Os días internacionais, como ben mencionan nos foros da ONU “tamén serven para medir, son termómetros sociais para coñecer o interese e a opinión das persoas en determinados temas clave”. Dende o CIM consideramos que a igualdade e a erradicación da violencia de xénero é un tema clave, e que debería ser tratado como unha prioridade.
Axenda de actividades para a semana do 8 de Marzo:
- Difusión comarcal do "Diario Igualdade": Un xornal sobre a historia do 8M
- Xornada creativa do "Obradoiro Mancomunidade de Verín": Mulleres da historia
- Concentración e Lectura do Manifesto o 8 de Marzo ás 12:00h na Praza do Concello de Verín
- Reparto de pulseiras para o compromiso coa igualdade
- Taller "A Historia do Feminismo: Unha ollada ó pasado e ó presente" con alumnado de Bacharelato do IES García Barbón
- Taller "Contratación Responsable para Empresarixs" o 12 de marzo ás 20:30h