Contactar     |     Acceder     |     Saír

O CIM é o Centro de Información á Muller, unha unidade encargada de promover unha intervención pluridisciplinar e integral dende a perspectiva de xénero.

Trátase dun servizo de atención ás mulleres e a seus familiares, que lles proporciona asesoramento social, xurídico e psicolóxico, así como información dos recursos específicos existentes na comarca de Verín. O CIM ademáis levará a cabo outras actividades e programas, como por exemplo actividades de co-educación en escolas para a promoción dos valores de igualdade, programas de prevención e concenciación en temas como a violencia de xénero ou colectivos en risco de exclusión por razóns de xénero, e outras accións, coma a promoción do papel da muller no ámbito científico e desenvolvemento da carreira profesional.

Os principios que rexen o bo funcionamento do CIM son os seguintes:

O CIM da Mancomunidade de Verín é un espazo de libre acceso e consulta, a nosa labor é acompañar e axudar ás mulleres e as súas familias, presentando información, posibles solucións e alternativas pero o camiño a seguir depende sempre da decisión persoal das interesadas.

O CIM é unha acción subvencionada pola Secretaria Xeral de Igualdade e polo Fondo Social Europeo.

logos