Contactar     |     Acceder     |     Saír

Dende o C.I.M. da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, organizamos diferentes actividades e iniciativas que axudan a impulsar a igualdade, a saúde e o benestar nos sete concellos que forman parte da comarca: Verín, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oimbra e Vilardevós.

Este proxecto lévase a cabo grazas ós fondos dos sete concellos da Mancomunidade de Verín no marco de actuacións do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero – Ministerio de Igualdade (2021)

PLAN DE COORDINACIÓN E FORMACIÓN EN VIOLENCIA DE XÉNERO, PARA PROFESIONAIS 2021

Dende o C.I.M. ofrecemos formación teórica e práctica a para profesionais da psicoloxía, educacionsocial, traballosocial, dereito, orientadocionlaboral, ensinanza en materia de violencia de xénero, así como intervención en casos de violencia. Os programas de formación terán lugar no mes de maio e xuño de 2021. Levaranse a cabo mesas de coordinación e intercambio de prácticas. 

Para acceder a este programa de formación:

Plan de coordinación e formación sobre violencia, para profesionais 2021

Se es profesional podes acceder ó Formulario de solicitude da matrícula nos cursos de formación premendo no enlace

Formación dispoñible:

Cursos para psicólogos/as que atenden casos de violencia

  • Curso de apego e terapia familiar. 8 horas + sesión online de coordinación.
  • Curso hora de xogo diagnóstica. 4 horas + sesión online de coordinación.
  • Curso caixa de area. 5 horas (formación en directo).

Cursos para educadores/as e traballadores/as sociais

  • Curso ASI e discapacidade 2 horas
  • Curso maltrato infantil: os grandes descoñecidos 2 horas
  • Curso ética infantil 2 horas

Curso para xurídicos, orientadores/as laborais

  • Curso acoso sexual e por razóns de sexo no ámbito laboral 4 horas

 

OLIMPIADAS POLA IGUALDADE: DEPORTE, EDUCACIÓN E SAÚDE

Para coñecer os horarios das actividades ou posibles actuacións podes acceder as redes sociais do CIM @mancoverincim para informarte sobre os diferentes horarios, requisitos para reserva de praza e condicións optimas para levar a cabo a actividade (Covid-19).

As actividades poden cambiar debido a situación de saúde COVID-19. 

Os talleres que imos a promocionar son os seguintes: 

  • Taller de ioga. (8 sesións) - Mércores 17:30h - 18:30h
  • Taller de pilates. (8 sesións)  - Mércores 11:00h - 12:00h
  • Saída á natureza en familia “A caza do tesouro”- Castelo de Monterrei - A ruta das augas - (senderismo)
  • Taller wushu infantil. (8 sesións) - Venres 17:00h - 18:00h
  • Taller de defensa persoal para mulleres. (8 sesións) Venres 19:30h - 21:00h 
  • Taller de fitness e danza para mulleres. (8 sesións) Venres 18:00 - 19:00h
  • Taller de danza urbana para xuvenil. (8 sesións). Martes 17:00h - 18:00h
  • Obradoiro “Primeiros auxilios no bebé”. 3 horas. Matrona Servizo Galego de Saúde
  • Curso para pais e nais. “Acompañamento parental: Agresividade e violencia, posibles manifestacións na infancia e adolescencia”. ASEIA. 2 horas.
  • Curso para pais e nais. “Acompañamento parental: O desenvolvemento psicosexual na infancia e na adolescencia como referencia”. ASEIA. 2 horas.

Para acceder o formulario de actividades preme no enlace

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO “NON, NON VAI CAMBIAR!” NOS SETE CONCELLOS DA COMARCA DE VERÍN

A educadora do proxecto levará a cabo accións de sensibilización sobre a violencia de xénero nos sete concellos da Mancomunidade de Verín. Repartiranse folletos e carteis cos servizos dispoñibles de Atención á vítima (C.I.M.) en escolas, centros de saúde, hospital, xulgados, centros sociais e servizos sociais dos sete concellos. 

campaña violencia de xenero

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN CONTRA O MALTRATO INFANTIL E A.S.I. “SEGREDOS QUE DOEN”.

A campaña "Segredos que doen" pretende sensibilizar a comunidade sobre o maltrato infantil, en concreto, o abuso sexual na infancia con perspectiva de xénero. 

Realizarase o reparto de material de sensibilización (cartelería, folletos, chapas) nos sete concellos da comarca de Verín. Ademáis, o CIM promoverá talleres e seminarios específicos para profesionais. 

PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN E INTERVENCIÓN PARA NENOS E NENAS EXPOSTOS A VIOLENCIA E ALTA CONFLICTIVIDADE NO FOGAR

Trátase dun programa que comezou no ano 2020 e no que se levan a cabo accións de sensibilización e educación en igualdade a través do xogo. A poboación obxectivo son nenos e nenas que foron expostos á violencia. Traballamos o seguinte: 

  • A autoestima e o empoderamento 
  • Habilidades de comunicación 
  • Técnicas de control da raiba e de impulsos 
  • Educación emocional 
  • Proceso de toma de decisións 
  • Procesos atencionais e de autoregulación
  •  Reestructuración do apego 
  • As relacións afectivas (baseadas na igualdade)
  • Recuperación do trauma 

Empregamos técnicas como "o barro", xoguetes e xogos educativos, a técnica da caixa de area, xogos de terapia, monicreques, xogos matemáticos e fomento das STEAM, os contos e a literatura así como saídas ao aire libre e exposición en vivo. 

250 horas de xogo con nenos e nenas que foron expostos á violencia.  Durante o ano 2020/21 atendemos a 20 menores. 

 

Unha comarca unida contra a Violencia de Xénero