“O seu amor non daña, o teu odio SI”
Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia.A Constitución Española, no artigo 14, proclama o dereito a igualdade e a non discriminación ao establecer que as persoas son iguais ante a lei, sin que poida prevalecer ningunha discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

Panorama LGTBI no mundo
Actualmente a homosexualidade é ilegal en 80 países e castígase coa pena de morte en 10 de eles. En torno a 50 países prohiben ou restrinxen o acceso ó exercito a homosexuais, aínda sendo legal na maior parte deles. Cerca de 50 países no mundo prohiben que as persoas homosexuais doen sangue.
Alrededor de 23 países permiten o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, e outro tanto permiten unións civís con dereitos inferiores ao matrimonio.
A orientación sexual e a identidade de xénero segue sendo en moitos Estados de Europa do Este e Centroeuropa un tabú social que conleva o rexeitamento, discriminación e abuso. Estas persoas ven frecuentemente vulnerados os seus dereitos humanos en ámbitos coma a saúde, educación e emprego.
Políticas públicas para o fomento e a promoción da igualdade, da visibilidade e da non discriminación do colectivo LGTBI (Lei 2/2014).
- Ámbito policial e da xustiza
- Ámbito laboral
- Ámbito familiar
- Ámbito da saúde
- Ámbito da educación
- Ámbito da cultura e ocio
- Deporte
- Xuventude
- Comunicación

LGTBI en Galicia
Cómo che pode axudar o CIM?
Cando nos referimos a asesoramento psicolóxico, é preciso puntualizar que a intervención se leva a cabo en canto a que o prexuizo social, discriminación, desinformación, violencia e o ambiente hostil, afectan negativamente ao benestar psicolóxico, físico, social e económico das persoas LGTBI (APA, 2004). En ningún momento se recibirán consultas de información que impliquen un cambio ou rexeitamento en canto a identidade sexual da persoa, xa que partimos de que cada persoa é libre de elexir a súa orientación sexual e mostrarse como tal ó mundo.