Contactar     |     Acceder     |     Saír

Que é o rexistro da consulta?

Cando acudan ó CIM para solicitar algún tipo de información comprobarán que as traballadoras do centro solicitarán os seus datos persoais (nome, apelidos, dni, dirección etc.)

Por qué se solicitan os meus datos persoais?

A finalidade última é ter un control das accións que se levan a cabo no centro para poder COÑECER qué necesidades ten a comarca e realizar unha ANÁLISE ESTATÍSTICA anual sobre as demandas das persoas da comarca. O rexistro da consulta tamén facilita o traballo dos profesionais mantendo ó día as actuacións que se levan a cabo de xeito individual con cada persoa.

Estes datos estatísticos pertencen a Consellería de Igualdade da Xunta de Galicia, e en ningún caso se utilizarán seus datos persoais identificativos para outras funcións.

Quen ten acceso ós meus datos persoais?

O persoal traballador do CIM (psicóloga e avogada).

Por que teño que firmar unha prestación de servizo?

A única finalidade é xustificar o traballo realizado polo persoal do CIM.

Quen pode ser unha persoa usuaria do CIM?

Calquera persoa (muller ou familiar) que solicite información ou asesoramento, por exemplo cursos de formación, orientación para o emprego, normativa para crear unha asociación de mulleres, asesoramento psicolóxico, legal etc.

Que ocorre cando baixo ningún concepto quero revelar meus datos persoais?

Pode solicitar á persoa traballadora que tramite un expediente anónimo (con rexistro unicamente numérico).

Que normativa regula a protección de datos do CIM?

Lei (especificar).