Contactar     |     Acceder     |     Saír

C.I.M. CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER Comarca de Verín
  • Sobre o CIM
    • Que é o CIM?
    • Quen atende o centro?
    • Que ofrece?
    • Servizo de asistencia psicolóxica
    • Servizo de asesoramento xurídico
    • Rexistro da consulta
  • VVX
  • LGTBI
  • Emprego/Emprendemento
  • Voluntariado
  • Educación
    • Coeducar
    • STEM
    • Saúde
    • Internacional
  • CAMPAÑA PrevENTROIDO
  • 8M:Día Internacional da Muller
  • Spot “Ti, que maltratas”
  • Contacto
  • Blog do CIM
    • Actividades Pacto de Estado 2020/Deporte e outras iniciativas
  • Iniciativas Pacto de Estado 2021/Formación, talleres e campañas de sensibilización

ULTIMAS

NOVAS & ARTIGOS
24 Outubro, 2017  |  By admicim

Mulleres CON ciencia: As STEM e o xénero

Na antigüidade, moi poucas mulleres tiñan acceso á educación, só aquelas que pertencían á aristocracia tiveron este privilexio. A raíz do establecemento do patriarcado ás mulleres fóronlles asinadas as responsabilidades relacionadas coa reprodución, a maternidade e a protección familiar; actividades que se limitan ao ámbito doméstico. Existía a idea de que “o ámbito doméstico é para o que as mulleres están preparadas, naquilo que poden desenvolverse” (Reinoso, 2008), sendo incapaces de facer contribucións ó campo da ciencia.
Houbo mulleres que conseguiron sobresaír pero non obtiveron recoñecemento da sociedade en xeral (Aupec, 1998), un dos motivos diso foi que durante séculos as mulleres non podían posuír bens, polo que os beneficiarios das súas invencións de foron os seus maridos, pais ou familiares.

As STEM e o xénero na actualidade

A revolución dixital e os crecentes avances nas TIC xerou cambios importantes nos nosos hábitos e percepcións como sociedade. As carreiras relacionadas coa ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemática (STEM) son o máis claro exemplo da “brecha de xénero”; Existe unha falta de interese, ou incluso peor, unha percepción de autocompetencia baixa por parte das mulleres en relación a estas áreas”.
Existen, aínda na actualidade, estereotipos de xénero asociados a estes estudos, e unha falta de figuras representativas do xénero feminino nas STEM. Atraer o interese das mulleres polas STEM e canalizar o seu potencial cara as disciplinas que marcarán o camiño cara a evolución mundial é na actualidade unha prioridade universal.

Galicia, terra de científicas

“En Galicia temos a sorte de contar con grandes e recoñecidas científicas”

Exemplos son Maria Wonderburger, Ángeles Alvariño González, Inmaculada Paz Andrade, Teresa Miras, Ana María Prieto, Alicia Estévez, Mª Isabel Fernández García, Celia Brañas Fernández, Ángela Ruiz Robles e un largo etcétera.

Dende o CIM da Mancomunidade de Verín queremos resaltar o papel da muller na ciencia e traballar dende abaixo esas diferenzas sociais e estereotipos que están a marcar o destino intelectual aínda na actualidade de moitas mulleres.

ARTIGOS QUE CHE PODEN INTERESAR:

As primeiras docentes de ciencias na Universidade de Santiago de Compostela

Mulleres galegas e ciencia na rede formativa universitaria (primeiro terzo do século XX)

Ciencia nuclear: as mulleres existen alén de Marie Sklodowska Curie

As mulleres na obra de Frei Martín Sarmiento 1695-1772 , SGI, 2002 

Discurso filosófico y económico sobre la capacidad o incapacidad natural de las mugeres para las ciencias y las artes

“Ensinar ciencias, inculcar novos valores á luz da coeducación”

 

 

#STEM
Next StoryManifesto 8 de Marzo Día Internacional da Muller

no replies

Leave your comment Cancel Reply

(will not be shared)

CATEGORIAS

  • BLOG (7)
  • EDUCACIÓN (37)
  • IGUALDADE (26)
Maio 2022
M T W T F S S
« Mar    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Síguenos nas Redes Sociais

Facebook Pagelike Widget

ARTIGOS

  • Marzo 2021 (1)
  • Setembro 2020 (1)
  • Agosto 2020 (1)
  • Xuño 2020 (2)
  • Maio 2020 (5)
  • Abril 2020 (9)
  • Marzo 2020 (1)
  • Novembro 2019 (1)
  • Outubro 2019 (1)
  • Setembro 2019 (7)
  • Xuño 2019 (7)
  • Abril 2019 (1)
  • Marzo 2019 (3)
  • Outubro 2017 (1)

TAGS

#STEM

SOBRE NÓS

O CIM é o Centro de Información á Muller, unha unidade encargada de promover unha intervención pluridisciplinar e integral. Ofrece atención social, psicolóxica, legal e orientación laboral na comarca de Verín.

The Core WordPress Theme © ThemeFuse 2016 | All Rights Reserved