A Secretaría Xeral de Igualdade destina recursos para contratar a mulleres vítimas de violencia dexénero nos concellos. Este tipo de contratacións lévanse a cabo grazas ó esforzo dos concellos e colaboración das diferentes entidades que atenden a persoas en situación de vulnerabilidade, coma Servizos Sociais, IOBE e CIM. A inserción laboral é un dos obxectivos prioritarios que perseguimos na atención integral no CIM da Mancomunidade. Atendemos as necesidades básicas das familias en colaboración con outras entidades sociais, ofrecemos atención especializada e intentamos ofertar unha oferta formativa que facilite a integración laboral, especialmente das persoas que sofren violencia.
Tamén queremos romper o estigma social “de que se denuncia debido ás axudas sociais” existentes. Dende o CIM podemos asegurar que moitas persoas priorizan formarse e ter un emprego para seguir adiante cas súas vidas. Ter sufrido unha situación de violencia non implica incapacidade para defender un posto de traballo.
Moita sorte a estas dúas novas traballadoras!
Podes ler a nova en prensa nos seguintes enlaces:
no replies