Contactar     |     Acceder     |     Saír

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, a través do servizo comarcal de atención ás mulleres, pretende detectar as dificultades e demandas diarias das mulleres de toda a comarca, e conseguir alcanzar os seus dereitos no ámbito profesional, social e familiar.

Atendemos a tódalas persoas da comarca, sexa home ou muller, en asuntos relacionados coa promoción social e a igualdade de xénero.
Ofertamos unha atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero, así como aquelas que se atopan en risco de exclusión social (diversidade funcional, mulleres prostituídas, familias monoparentais etc.)

Os nosos Servizos Básicos son os seguintes:
  • Información sobre servizos, recursos, axudas, convocatorias etc
  • Servizo de asesoramento e asistencia psicolóxica
  • Servizo de asesoramento xurídico ás mulleres
  • Información e asesoramento sobre axudas económicas para mulleres
  • Información e asesoramento en materia de educación, emprego e emprendemento para mulleres