En qué consiste?
O Servizo de Aseoramento Xurídico ofrece ás mulleres información e orientación xurídica referida a calquera procedemento xurídico e xudicial que teñan en trámite, así como calquera tipo de información xurídica referida ó dereito de familia, malos tratos, dereito penal, dereito civil, discriminación sexual, discriminación laboral etc.
Tamén ofrece información sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta ou derivación se o caso o require.
Para quen está dirixido?
A tódalas mulleres que demanden asistencia xurídica no CIM da Mancomunidade de Verín. Mostramos unha gran flexibilidade horaria de atención ás usuarias, atendendo na entidade e en gabinete xurídico externo.
Cita previa (por teléfono)
Pode solicitar una cita previa (para ofrecer unha atención máis personalizada) no teléfono 988411314, ou ben na nosa oficina de 8:00 á 14:30 horas.
Atención (presencial)
Previa cita de ser posible. Atenderemos as demandas urxentes de xeito directo e na medida que nos permita o horario do centro.