Contactar     |     Acceder     |     Saír

En qué consiste?

O Servizo de Asistencia Psicolóxica trátase dun servizo de atención integral ás mulleres (e ós seus familiares que o precisen), encargado de realizar valoracións e orientacións psicolóxicas, intervención individual, familiar, grupal así como intervención en situación de crise ou a correspondente derivación de ser oportuna.

A psicóloga tamén será a encargada de realizar informes psicolóxicos naqueles supostos que sexan demandados por outros organismos.
Dende o servizo de psicoloxía levaranse a cabo actividades de prevención e promoción do benestar emocional das usuarias e na comunidade, participando en obradoiros, talleres e outras actuacións en escolas, asociacións ou outras entidades que o soliciten.

Para quen está dirixido?

A tódalas mulleres que demanden axuda psicolóxica, así coma os seus familiares que se vexan afectados (nenos/as e adultos/as).

Cita previa (por teléfono)

Pode solicitar una cita previa (para ofrecer unha atención máis personalizada) no teléfono 988414600, ou ben na nosa oficina de 8:00 á 14:30 horas.

Atención (presencial)

Previa cita de ser posible. Atenderemos as demandas urxentes de xeito directo e na medida que nos permita o horario do centro.
Entamos en: C/ Cancelón Nº1, 32600 Verín (Ourense)