Contactar     |     Acceder     |     Saír

spot _ti, que maltratas

UN PROXECTO AUDIOVISUAL COMUNITARIO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

En que consiste o proxecto?
Trátase dun proxecto de empoderamento a través do audiovisual no que mulleres anónimas e voluntarias se converten en actrices por un día e protagonizan unha campaña de sensibilización contra a violencia.

Quen participou?
O C.I.M. contou con 18 mulleres diversas que artellaron en conxunto o proxecto no mes de novembro de 2018.

Obxectivos:
Empoderar ás mulleres a través de sesións en grupo e mellorar habilidades transversáis como por exemplo, habilidades de comunicación, presentación en público e linguaxe corporal. Ademáis empregouse o video para a campaña de sensibilización do 25-N (2018).

Recursos de persoal e técnicos:
Experta en comunicación audiovisual
Guionista - psicóloga do centro
Axudantes de produción - educadora, orientadora e persoal do eido social.
Cámara e (moita) Acción!

Finalidade do spot:
Material para uso en organizacións e entidades especializadas en violencia e integración socio-comunitaria.

Produción por El ojo de Iris (Iris Justo Rodríguez ).

Para acceder ao programa prema no enlace

To see the program click the link (English version)

Program_Tiquemaltratas-ENG Programa_Tiquemaltratas-GAL