Contactar     |     Acceder     |     Saír

Que é a educación STEM?

STEM é un acrónimo en inglés que se refire a cuatro materias académicas: Ciencia, Tecnoloxía, Enxenería e Matemáticas.
Actualmente, a educación STEM é unha nova tendencia educativa que agrupa a estas catro áreas de coñecemento, para ensinalas conxuntamente, pero non só os coñecementos teóricos, se non tamén a súa aplicación práctica na vida cotiá.

O que pretende a educación STEM é que as novas xeracións estén preparadas para enfrontarse ós retos en innovación e investigación que plantexará o futuro.

ciencia

Fenda de xénero nas materias STEM

En España, cada vez máis persoas acceden a unha ensinanza superior STEM, motivadas por unas espectactivas de un futuro profesional prometedor.
Con todo, a pesar dos continuados intentos de reducir a fenda de xénero, aínda segue habendo unha gran desigualdade entre mulleres e homes.
As nenas, ó ir crecendo, perden interese nas materias STEM, e ó final da educación secundaria, a fenda de xénero faise máis esaxerada.
Como consecuencia, as mulleres seguen sendo unha ampla minoría nas carreiras de ciencias, tecnoloxía, enxenería e matemáticas.
Os causantes desta desventaxosa situación das nenas relacionada cas STEM son diversos factores arraigados na sociedade patriarcal. Un deles son os estereotipos no proceso de educación e socialización, nos que se educa de diferente maneira ás nenas e ós nenos, e nos que se fai ver que as materias técnicas son “masculinas” e que a capacidade feminina é menor que a dos homes.

Estas desigualdades terán unhas consecuencias moi negativas no futuro, xa que según algúns expertos, os empleos vinculados con materias STEM terán unha gran demanda nos próximos anos. Así as cousas, é de supoñer que as desigualdades entre mulleres e homes se acentúen ainda máis.

Datos estatísticos sobre “Xénero e as STEM”

. Segundo o informe da UNESCO “Descifrar as claves: a educación das mulleres e as nenas en materia STEM”, só o 35% dos estudantes matriculados nas carreiras de materias STEM son mulleres.

. En España, actualmente, as mulleres son unha mayoría nas universidades (54%), pero só estudan carreiras vinculadas cas STEM un 25%. Dos alumnos que estudan Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC), só un 12% son mulleres. Do mesmo xeito, as mulleres representan unha ampla minoría nos Ciclos Formativos das ramas técnicas.

. Das persoas graduadas en materias STEM, traballan un 78% dos homes, mentras que das mulleres graduadas só traballan un 74%. Ademáis, só o 27% dos homes teñen un contrato temporal, fronte ó 38% das mulleres.

. Podemos observar que tanto as mulleres como os homes STEM teñen mais posibilidades de traballar que os graduados noutras materias, nembargantes tamén neste sector persiste a desigualdade entre mulleres e homes.

Cómpre visibilizar o traballo e os logros das mulleres nas STEM para romper a fenda de xénero e conseguir a igualdade real