“A veces sentimos que o que facemos é tan só unha gota no mar, pero o mar sería menos se lle faltase esa gota”. María Teresa de Calcuta
O voluntariado ofrécenos a oportunidade de contribuír e cambiar o noso mundo. Tanto a nivel nacional coma internacional existen multitude de iniciativas ó noso alcalce para facer unha contribución nalgunha área que nos resulte de interese e na que podamos aportar o noso coñecemento e valores.
En que podemos axudar?
- Información sobre programas de voluntariado nacional e internacional
- Información de cursos especializados no terceiro sector
- Asesoramento básico na creación dunha asociación; ONG…
- Fomento de iniciativas sociais con perspectiva de xénero
O tempo entregado á causas solidarias sempre será recompensado:
- Coñecendo persoas fantásticas e con inquietudes parecidas ás túas
- Viaxando e descubrindo novas culturas. Abrindo mentes
- Perfeccionando idiomas e coñecemento doutras culturas
- Mellorando as túas habilidades e competencias
- Descrubríndote como ser humano
- Pondo en práctica as túas habilidades comunicativas
- Coverténdote nunha persoa máis activa socialmente e máis crítica co mundo que nos rodea
A UE e o compromiso coa Equidade de Xénero:
A igualdade entre homes e mulleres é un dos valores fundamentais da Unión Europea. Na actualidade, o "Compromiso estratéxico para a igualdade de xénero 2016-2019" céntrase nas seguintes prioridades:
- Incrementar a igualdade na participación de homes e mulleres no mercado laboral
- Loitar contra as diferencias salariais, por tanto, contra á pobreza das mulleres
- Promover a igualdade de homes e mulleres en canto á toma de decisións
- Combatir a violencia de xénero e protexer e apoiar ás vítimas
- Promover a igualdade de xénero e os dereitos das mulleres en todo o mundo
O Instituto Europeo para a Igualdade de Xénero (EIGE) contribúe á promoción da igualdade de xénero en Europa a través da prestación de coñecementos á Comisión Europea, ó Parlamento Europeo, e ós Estados membros.
Unha das prioridades dos programas europeos (European Youth Portal) que pomocionan programas para a xuventude é a igualdade de xénero.
Na actualidade hai máis de 206 asociacións en Europa que defenden a igualdade de xénero e que ofrecen intercambios e oportunidades de aprendizaxe.
Queres saber máis? Envia unha mensaxe á cim@mancoverin.es e solicita unha cita no noso centro.