Contactar     |     Acceder     |     Saír

“O teu machismo xa me pica” Extruga Street Festival

O 30 e 31 de Agosto de 2019 celebrarase en Verín o Festival “Extruga Street”. Dende o C.I.M de Verín colaboramos lanzando unha campaña de sensibilización co lema “Non me ortigues co teu machismo” encamiñada a sensibilizar á mocidade sobre as violencias machistas.
Para elo, dende o C.I.M. lanzaremos o deseño dunhas 500 pegatinas para repartir entre a mocidade da vila a noite grande do festival, que ademais dispoñerá dun “Punto Violeta” o 31 de agosto dende as 17:00 horas no que se dinamizará algunha actividade interactiva para recoller opinións e posibles dúbidas sobre as violencia.
Un programa de voluntariado entre a mocidade con formación en materia de xénero será o encargado de dinamizar o Punto Violeta, ofertando información e derivando a profesionais no caso de ser preciso. As persoas voluntarias organizaranse cun sistema de quendas nos que estarán a disposición da mocidade no transcurso do festival.

Requisitos “Voluntariado Punto Violeta Extruga Street Festival”

1. Ser unha persoa responsable, con capacidade de compromiso e con interese social, educativo e comunitario.
2. Atender a unha formación básica impartida polo C.I.M. “Sensibilización e dinamización de actuacións a prol da igualdade”.
3. Firmar un contrato de voluntariado C.I.M. – Festival Extruga Street, no que se fará constar as horas de dispoñibilidade e as funcións de cada persoa.
4. Cando se atenda o Punto Violeta, empregar a indumentaria das profesionais como elemento diferenciador - camiseta negra contra as violencias machistas.
5. Informar, entregar trípticos, tarxetas, chapas, pegatinas dispoñibles na mesa.
6. Recoller as dúbidas en relación á “igualdade” ou a “violencia de xénero”, para que as profesionais do C.I.M. podan detectar necesidades comunitarias ou ben informar nos vindeiros días.
7. Velar polo coidado do material e o abordaxe da prevención da violencia de xénero dunha forma sensible e apropiada.
8. Informar inmediatamente aos profesionais no caso de detectar algún caso de risco – haberá a disposición un listado de teléfonos de emerxencia.
9. Non estar baixo a influencia de ningunha sustancia cando se estea a atender o Punto Violeta, como un requisito imprescindible de responsabilidade.
10. Defender o lema… Sen igualdade, non hai festa!

Como participar?

Para participar podes poñerte en contacto co CIM a través dunha destas vías:

Presencialmente: De 9 a 14:00 na Rúa Cancelón, 1, Verín.

Por teléfono: Chama ao 988411314

Por correo electrónico: Envía un correo a dinamizacioncim@gmail.com indicando no asunto "Voluntariado Extruga" e déixanos o teu nome e teléfono.

Podedes ver o programa e as actividades do Festival Extruga Street nas súas redes sociais:

Facebook

ou en Instagram @extruga_street