Contactar     |     Acceder     |     Saír

“Se amas a alguén, a maior demostración de amor é a liberdade”- Monserrat Delgado.

Se estás a sufrir violencia no teu fogar e chegaches a este sitio web queremos que saibas que es unha valente por tomar a iniciativa e porlle fin a este pesadelo. Podes solicitar apoio, información e axuda ás nosas profesionais.

Non xulgamos as túas decisións, respetamos a túa intimidade e e confidencialidade, só queremos estar ó teu carón e axudarche neste camiño.

Que é a violencia de xénero?

Enténdese por violencia de xénero calquera acto violento ou agresión, baseados nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas de tales actos e a coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorren no ámbito público coma na vida familiar ou privada. (Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero).

Que podes atopar no CIM?
• INFORMACIÓN ÚTIL PARA A MULLER E SEU ENTORNO
  • Información sobre a violencia de xénero: que é e como detectala
  • Que facer?
  • Recursos dispoñibles en Servizos Sociais
  • Afectación ós fillos e fillas e outros membros da familia
  • Dereitos das mulleres que están a sufrir violencia de xénero
  • Autoprotección
  • Dereitos das mulleres migrantes
• SENSIBILIZACIÓN E CONCENCIACIÓN DA SOCIEDADE
  • Campañas e materiais de sensibilización
  • Obradoiros en escolas e outras organizacións para a prevención da violencia
• ENFOQUE MULTIDISCIPLINAR
  • Servizo de atención psicolóxica a vítimas de violencia de xénero e ós seus familiares
  • Servizo de atención xurídica a vítimas de violencia de xénero
  • Servicio de orientación socio-laboral para mulleres vítimas de violencia de xénero
  • Derivación a outros servizos: sanitario, seguridade etc
• INFORMACIÓN SOBRE ESTUDOS, ESTATÍSTICAS E OBSERVATORIOS
  • Informes de observatorios de violencia de xénero.
  • Publicacións, estudos e investigacións.
• OUTRAS FORMAS DE VIOLENCIA Á MULLER
  • Trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual
  • Mutilación xenital femenina